O xoves, 26 de marzo, preséntase na Librería Bahía, en Foz, o libro de Ramón Reimunde "O tesouro do monte".

O xoves, 26 de marzo, preséntase na Librería Bahía, en Foz, o libro de Ramón Reimunde "O tesouro do monte".
 
Este xoves, 26 de marzo, ás oito e media da tarde, preséntase na Librería Bahía, en Foz,  o libro de Ramón Reimunde "O tesouro do monte". 
No acto, xunto co autor, intervirá o profesor Bernardo Penabade. Dí Bernardo Penabade na contraportada do libro:
“A un porto galego da costa cantábrica chegan a diario enormes trailers que depositan nas áreas de carga auténticas montañas de madeira procedente daquela mesma comarca. Son toneladas de troncos harmónicamente pelados e cortados a dous metros e medio. Todos estes toros das árbores foran fonte de vida para millares de familias silvicultoras, para empresas dedicadas á corta ou ao transporte, e serán materia prima para a industria ou para o comercio nacional e internacional da pasta de papel. Este é o camiño e o resultado das nosas plantas postas en valor”. Este é o tesouro do monte.