Os días 19 e 20 de novembro celébrase a II Feira do Mel de montaña de Muras. O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo.

Os días 19 e 20 de novembro celébrase a II Feira do Mel de montaña de Muras. O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
 
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto co Alcalde de Muras, Manuel RequeijoArrejo e o Voceiro, Mario Rouco Rey presentaron este martes no Salón de actos do Pazo de San Marcos a II Feira do Mel de montaña de Muras. O organismo provincial colabora con esta iniciativa cunha achega económica de 3.000 euros para poñer en valor os produtos da provincia e contribuír así a desestacionalizar o turismo. 
 
Vidal Baamonde subliñou que “este evento constitúe unha oportunidade única para dar a coñecer o mel, un produto de primeira calidade na nosa provincia. En Muras existen, actualmente, 25 explotacións apícolas, con 1.000 colmeas, constituíndo un importante complemento para a gandaría da zona. Anualmente prodúcense entre 700 e 2.000 litros de mel, o que supón un notable complemento para as economías familiares. Froito do éxito da pasada edición este ano decidiuse ampliar a cita, na que esperan máis de 3.000 visitantes”. O Deputado remarcou que esta nova edición contribuirá a poñer en valor este produto que actualmente xa é un referente en toda a Comarca.
 
Dende o Concello, o Alcalde, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco, agradeceron ao organismo provincial a súa colaboración na promoción deste evento. Explican que o pretenden con esta nova edición é promocionar o Concello, realizando esta feira nunha das parroquias de Muras, o Viveiró, que esta situada a 10 quilómetros do centro da vila, e por outra banda, poñer en valor o mel da Montaña. Sinalan que este produto elaborase no corazón da Serra do Xistral, “por iso é unha mel unica”.
 
Por último convidaron a todos os lucenses e a todos os visitantes a acudir esta cita. “Esta fin de semana é unha boa ocasión para coñecer Muras, o seu entorno e todos os seus produtos autóctonos”. 
 
O prezo de venta do mel será de 7.50 euros mínimo. Esta segunda edición contará cun total de 15 expositores, 9 de mel, e poderanse degustar todos os produtosautóctonos e de tempada, como queixos ou castañas. Ademais durante toda a fin de semana os asistentes poderán participar en diversas actividades relacionadas co sector apícola como, charlas informativas ou un showcooking da man de Álvaro Villasante, un recoñecido chefgalego. A musica correra a cargo do grupo Axóuxere de Roupar, e da Escola de gaitas de Covas.
 
Actividades para  nenos con obradoiro de cestería e ceras de mel
O programa diríxese a todo tipo de público, xa que tamén se inclúen actividades para  nenos, como un obradoiro de cestería ou actividades con ceras de mel. De maneira complementaria, na Feira do Mel de montaña de Muras tamén haberá postos de licores e outros produtos autóctonos. Ademais, o Concello porá a disposición dos veciños un servizo gratuíto de autobús para facilitar que se achegue o maior número de persoas.
 
Programa
Sábado 19 de novembro
- Ás 17:00 horas.- Charlas formativas, por xentileza de Casa do mel de Goente; As charlas inclúen pausas para cata de queixos do pais con mel, e cata de distintos tipos de mel: Aproveitamento de produtos apícolas e Tipos de mel e as súas características.
- Ás 20.00 horas.- Degustación gratuíta de carne ao caldeiro
- Ás 20.30 horas.- Actuación musical
 
Domingo 20 novembro
- Ás 10:00 horas.- Feira do mel de Muras
- Ás 11:00 horas.- Apertura dos postos. Obradoiro de cestería
- Ás 12:00 horas.-Showcooking
- Ás 16:00 horas.- Obradoiro lúdico para nenos
- Ás 19:30 horas.- Fin da feira
- Ás 20:00 horas.- Actuación musical