Bispo Santo

Etiquetas:
14/05/2026

A Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncian que colaboran cos organizadores da Romaría do Bispo Santo, que se celebrará desde este venres, 15 de maio, ata o domingo 17 en Mourente, no municipio de Foz.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou durante a presentación do programa “a vixencia dunha tradición con máis de 300 anos de antigüidade, que se transmite de xeración e xeración e segue a ser un dos eventos máis populares da Mariña”.

A asociación cívico-cultural Bispo Santo deu a coñecer as actividades previstas, “entre as que destaca o apartado musical; o venres actuarán as orquestras Show M3 e Origen; o sábado, o Grupo Sensación e Panorama City; e o domingo Los Satélites e Festicultores. Tamén haberá propostas para os máis pequenos, como o espectáculo infantil de...

leer más
Etiquetas:
14/05/2024

Foz prepárase para celebrar a romería do Bispo Santo, que contará un ano máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A deputada de Cultura Iria Castro e o deputado de Rural Mar e Mocidade Daniel García reuníronse con integrantes da Asociación Cívico Cultural Bispo Santo de Foz, que impulsan a organización desta romería popular con 385 anos de historia.

Durante o encontro, incidiuse na vontade da asociación organizadora de manter o carácter popular e familiar desta romería, incluíndo na programación actuacións para público infantil e que procuran a interacción co público para soster o ambiente festivo durante o día a carón da ermida de San Gonzalo.

Nesa liña, encádrase a colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo nos tres últimos anos que, nesta edicion, se concreta no...

leer más
Etiquetas:
08/05/2023

A romaría focega do Bispo Santo, a carón da ermida de San Gonzalo, celebrarase os días 14, 19, 20 e 21 de maio. Está organizada pola Asociación Civicocultural Obispo Santo.

O domingo 14 de maio ás 16:30 horas farase o traslado da imaxe de San Gonzalo dende a basílica ao monte da Grela e posteriormente haberá unha charla a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios.

Para o venres 19 está programada unha festa verbena amenizada polos grupos D´Cano e Fussión.

O sábado 20 as actividades empezarán ás 13:30 horas con misa e despois sesión vermú co grupo Ritmo Joven. A continuación actuará a banda de gaitas Dambara, de Burela, e ás 17:00 horas haberá un espectáculo infantil a cargo de Cé Orquestra Pantasma. Seguidamente a música correrá a cargo de Dj Litainer e a festa verbena estará amenizada polas...

leer más
Etiquetas:
07/05/2022

O día 13, o venres, haberá festa verbena cos grupos D’Cano e Tekila. 

O 14 de maio, o sábado, ás 13:30 horas haberá misa e deseguido sesión vermú co grupo Pasito Show. E pola noite verbena con Pasito Show e Garibaldi. 

Desde a organización destacan que “este ano o sábado pola tarde a partir das 17:00 da tarde no recinto da festa haberá actuacións infantís para que vos animedes a subir cos nenos. Tamén estará a banda de gaitas Dambara, de Burela, na tarde do sábado e non podería faltar a Pulpería A Rochela, que terá para vender pulpo, xamón cocido e churrasco os 3 días”. 

E o domingo, día 15, ás 13:30 horas terá lugar a misa seguida de sesión vermú con D’Cano e LouBand.

Organiza: asociación cívico-cultural Obispo Santo. Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia...

leer más
Etiquetas:
08/05/2017

O Concello de Foz organiza de novo este novo a campaña denominada Eu coido o Santo, iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar aos asistentes á romaría do Bispo Santo sobre a necesidade de deixar limpo o lugar onde se celebra este festexo.

“Reeditamos, despois do éxito do ano pasado, esta campaña que con motivo da celebración da romaría do Bispo Santo, do 12 ao 14 de maio, o Concello de Foz pon en marcha co obxectivo de sensibilizar aos asistentes a este festexo sobre a necesidade de deixar limpos os lugares onde acampen. Entre os participantes nesta iniciativa sortearase unha cea para un máximo de 20 persoas”, anunciaron dende o Concello focense.

Os participantes nesta iniciativa deberán colgar fotografías nas redes sociais nas que ten presenza o Concello de Foz  (facebook, twitter e instagram) do antes e...

leer más