Do 13 ao 15 de maio terá lugar en Foz, a carón da ermida de San Gonzalo, a Romaría do Bispo Santo.

O día 13, o venres, haberá festa verbena cos grupos D’Cano e Tekila. 

O 14 de maio, o sábado, ás 13:30 horas haberá misa e deseguido sesión vermú co grupo Pasito Show. E pola noite verbena con Pasito Show e Garibaldi. 

Desde a organización destacan que “este ano o sábado pola tarde a partir das 17:00 da tarde no recinto da festa haberá actuacións infantís para que vos animedes a subir cos nenos. Tamén estará a banda de gaitas Dambara, de Burela, na tarde do sábado e non podería faltar a Pulpería A Rochela, que terá para vender pulpo, xamón cocido e churrasco os 3 días”. 

E o domingo, día 15, ás 13:30 horas terá lugar a misa seguida de sesión vermú con D’Cano e LouBand.

Organiza: asociación cívico-cultural Obispo Santo. Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia e Área de Cultura da Deputación de Lugo.