Batalla
O vindeiro 18 de maio terá lugar en Ribadeo a Barber Battle, a batalla de perruqueiros máis grande do norte de España. Está organizada por Cristhian Barber e conta coa colaboración do Concello.
O evento foi presentado no Salón dos Alcaldes con asistencia do rededor, Dani Vega, dos concelleiros de Mocidade e Turismo, Francisco José Silvent e Marta Saiz, e do perruqueiro organizador do evento Cristhian Barber.
No pavillón da rúa Alfredo Deaño, lugar no que se celebrará a Barber Battle, haberá unha master class visual e a batalla. No evento participarán Ismael de Mora, Fran Aranda, Cristhian Barber, Sion Barbería, Iván Jiménez y Jesús Vazques.
As prazas para asistir a esta cita son limitadas, segundo informan desde a organización. O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, sinalou...
leer másA Romaxe das Cruces da Ponte de Arante, en Ribadeo, celebrarase o 5 de xuño. Ás 12 da mañá haberá bendición dos campos, procesión, bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. O acto estará amenizado polo grupo de gaitas Brisas del Eo. A continuación será a misa solemne.
Ás 13:30 horas terá lugar a sesión vermú amenizada por La Bamba.
Para as 15 horas está prevista a segunda comida da Romaxe das Cruces no campo da festa.
Ás 17:30 horas representación da batalla a cargo do bruxo Queiman e de Andrea Pousa e a continuación concerto de Luar na Lubre.
O remate da festa correrá a cargo de La Bamba.
Esta romaxe, declarada festa de interese turístico galego, está organizada pola comisión de festas de As Cruces de Arante, que conta coa...
leer más