A Romaxe das Cruces da Ponte de Arante, en Ribadeo, celebrarase o 5 de xuño. Haberá xantar, representación da batalla e concerto de Luar na Lubre.

A Romaxe das Cruces da Ponte de Arante, en Ribadeo, celebrarase o 5 de xuño. Ás 12 da mañá haberá bendición dos campos, procesión, bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. O acto estará amenizado polo grupo de gaitas Brisas del Eo. A continuación será a misa solemne.

Ás 13:30 horas terá lugar a sesión vermú amenizada por La Bamba.

Para as 15 horas está prevista a segunda comida da Romaxe das Cruces no campo da festa. 

Ás 17:30 horas representación da batalla a cargo do bruxo Queiman e de Andrea Pousa e a continuación concerto de Luar na Lubre. 

O remate da festa correrá a cargo de La Bamba. 

Esta romaxe, declarada festa de interese turístico galego, está organizada pola comisión de festas de As Cruces de Arante, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo.