Día da Nai
Este venres, 8 de maio, tivo lugar o sorteo dos premios da campaña do Día da Nai de Acia Foz-CCA: unha obra de arte dunha artista local e 400 euros en vales de compra.
Os números premiados son os seguintes: o 17.140, agraciado coa obra de arte, foi repartido en Librería A Rapadoira; e os vales de compra de 100 euros cada un foron para os números 12.227, entregado en Pastelería Xoyma; 19.506, en Lencería Esther; 4.654 en Decoraciones Pura; e 3.206, en Librería Bahía.
O sorteo celebrouse esta mañá en Radio Foz. Foi conducido por Anxo Rivas e contou coa participación de José Carlos Paleo, o presidente de Acia Foz-CCA, e da xerente, Ana Segade. Desde Acia Foz-CCA agradecen “a fidelidade no comercio local unha vez máis para unha data tan especial como a do Día da Nai”.
Acia Foz-CCA contou para...
leer másAs instalacións de Acisa Ribadeo acolleron este xoves o sorteo da campaña do Día da Nai, na que se repartiron 10.000 papeletas. A entrega dos premios será este venres, día 8 de maio, ás 17:00 horas.
As persoas afortunadas son: Sergio Fernández González, de Figueras, por unha compra en Atleet, que o levará a visitar Bodegas Docampo en Ribadavia e a gozar da estancia dunha noite no seu hotel Pazo Carballo; ao igual que Gloria Fernández, de A Fonsagrada, por unha compra en Ginzo, que tamén viaxará a Ribadavia; e Loli García, de Luarca, levará unha colección de Mon Castro para Terra Branca, por unha compra realizada en Misstic.
Desde Acisa agradecen “a fidelidade da clientela no comercio local de Ribadeo para esta tradicional cita. A acollida desta campaña foi un éxito, que agardamos repetir en futuras edicións e...
leer másAcia Foz-CCA potencia as campañas do Día da Nai e do Euro Solidario, que continuarán no vindeiro mes de maio.
Acia Foz-CCA sorteará unha obra de arte dunha artista local e 400 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai, que daba comezo o pasado 24 de abril e que se prolongará ata o 5 de maio.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima a facer as compras desta especial data no comercio local: “en Foz contamos cun comercio moi variado no que atopar todo o que precisamos para agasallar e sorprender ás mamás o vindeiro domingo”. Aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio de Foz entre o 24 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo dunha obra de arte doada por unha artista local e 400 euros en vales de compra, repartidos en catro premios de 100 euros cada un. O sorteo terá lugar o 8 de...
leer másPara Mamá con ACISA é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo está a desenvolver ata o 5 de maio. Acisa sorteará tres premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e un conxunto de colar e pendentes, creación de Mon Castro para Terra Branca.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliña que “para agasallar nesta data poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa fidelidade da súa clientela unha vez máis. Para sorprender ás mamás na nosa vila temos de todo, xunto a un trato personalizado e próximo e tamén asesoramento. E na hostalería local poderán celebralo en familia como se merece”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “as...
leer másAcia Foz-CCA sorteará unha obra de arte dunha artista local e 400 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, animou a facer as compras da esa data no comercio local: “en Foz contamos cun comercio moi variado no que atopar todo o que precisamos para agasallar e sorprender ás mamás o vindeiro 3 de maio”. E explicou que “aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio de Foz entre o 24 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo dunha obra de arte doada por unha artista local e 400 euros en vales de compra, repartidos en catro premios de 100 euros cada un”. O sorteo terá lugar o 8 de maio en Radio Foz.
Paleo engadiu: “ademais de regalar agardamos que a xente aproveite a ocasión para celebralo no hostalería local”.
Acia Foz-CCA...
leer másA Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir deste xoves, día 23 de abril, a Campaña do Dia do Nai co sorteo de 300 euros e regalando instantáneas de nais e fill@s. Rematará o 2 de maio.
“Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e para conmemorar o Dia da Nai organizamos a campaña Unha foto de xeracións: nais, avoas e fill@s, o mesmo amor en distintas etapas da vida. O sábado 2 de maio instalaremos un estudio fotográfico na Sala Multiusos do Concello. Realizaremos unha sesión de fotos a tódalas nais que se acheguen cós seus fillos/as ou incluso a tres xeracións xuntas, avoas, fillas e net@s. Os días posteriores poderán seleccionar e encargar a foto que mais lles guste e levala totalmente gratis. O único requisito para...
leer másPara Mamá con ACISA é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 23 de abril ao 5 de maio. Acisa sorteará tres premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e un conxunto de colar e pendentes, creación de Mon Castro para Terra Branca.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, anunciou: “presentamos unha nova edición da campaña do Día da Nai na que imos sortear dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e un conxunto de colar e pendentes, creación de Mon Castro para Terra Branca. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o Día da Nai”.
Cruzado Iglesias...
leer másAta o 8 de maio desenvolverase a campaña do Día da Nai organizada por Acia Foz-CCA. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados ata ese día entrarán no sorteo de 5 premios de 100 euros en vales de compra cada un. O sorteo terá lugar o 12 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local. Aquí en Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”. E engade que “tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración disposto a sorprendernos coas súas propostas gastronómicas nunha celebración tan especial como é a do Día da Nai”.
Acia Foz-CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo celebrará o Día da Nai co sorteo dunha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos, dunha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia con noite e aloxamento para dúas persoas no seu hotel Pazo Carballo e dunha cea para dúas persoas no restaurante A Horta de San Roque. Ademais o 4 de maio Acisa repartirá, un ano máis, flores na rúa para as mamás. O slogan elixido é E ti que lle regalas a mamá?
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que a campaña “terá lugar do 25 de abril ao 4 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados recibirán papeletas para participar no sorteo dos tres premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos, unha visita guiada a...
leer másAcia Foz-CCA sorteará 500 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai, que se desenvolverá entre o 25 de abril e o 8 de maio. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados nesas datas entrarán no sorteo de 5 premios de 100 euros en vales de compra cada un.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explica que “poderán participar no sorteo aquelas persoas que realicen compras entre o 25 de abril e o 8 de maio por importe superior aos 10 euros”. O sorteo terá lugar o 12 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.
Paleo anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día. Hai moitos negocios aos que podemos acudir para sorprendelas”. E lembra que “tamén toca...
leer más












