cinefórum
O Concello de Burela, en colaboración coa Sociedade Cooperativa Galega Xuvenil Atoupa, organiza unha nova actividade cultural baixo o título Historias de diversidade, que terá lugar este venres 20 de febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 horas, na Casa da Cultura.
Nesta ocasión proxectarase o filme Seis días corrientes, da directora Neus Ballús, unha película que “acompaña a Moha durante unha intensa semana laboral marcada por retos profesionais e humanos, ofrecendo unha mirada próxima ás relacións persoais e á diversidade no ámbito do traballo”, explica o Concello de Burela.
Esta será a segunda sesión do cinefórum organizado polo Concello de Burela en colaboración con Atoupa dentro desta proposta cultural que “pretende xerar espazos de reflexión e diálogo social a través do cinema e da...
leer másEste venres, día 24 de outubro, ás 19:00 horas o Salón de Plenos da Casa do Concello de Burela acollerá o cinefórum titulado Olladas do Sur. Cinema en curto desde a África lusófona, unha actividade promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en colaboración co Concello de Burela.
O evento consistirá na proxección de tres curtametraxes procedentes de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau, que abordan distintas temáticas vinculadas coa realidade destes países. Tras as proxeccións haberá un coloquio co público asistente, no que se reflexionará sobre os contidos e mensaxes das pezas audiovisuais.
O Concello de Burela explica que “Olladas do Sur ten como obxectivo dar a coñecer a realidade de Cabo Verde, Mozambique e Guinea-Bissau e a súa relación con Galicia, así como visibilizar a...
leer más




