Almanaque
Este xoves, día 18 de decembro, comeza o reparto do almanaque do Concello de Barreiros para o ano 2026, que recolle fotografías cedidas pola veciñanza “coas que se quere rememorar a nosa historia como pobo e poñer en valor o esforzo e a tradición de quen nos precedeu. Este ano queremos pechar o 2025, no que a música tradicional tivo un relevante papel tamén no noso concello, coa edición do calendario do 2026 centrado neste tema. Porque un pobo que canta é un pobo que vive, queremos ver un Barreiros vivo e dinámico! E mostrarlle ao mundo que sempre fomos un pobo de artistas”.
O Concello de Barreiros engade: “grazas a todas as persoas que nos cederon fotografías para poder ter na man este calendario. E pedimos desculpas de antemán se quedaron algunhas sen recoller ou utilizar, mais teñen cabida en vindeiras ocasións. Por razóns operativas os...
leer másA Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, edita un almanaque “para irmos andando o ano. Cun formato moi práctico (faldrón) no que poderemos ir anotando esas pequenas cousas do día a día (excursión para tal sábado da Paco Lanza, viaxe, visita médica...); tamén poderemos evocar cada vez que o miremos un poema inédito de Luz Pozo Garza, precisamente dedicado ao Nadal, así como a primeira representación pictórica na historia da arte galega, dunhas cantareiras (reprodución dun Bosquexo para De ruada, de Dionisio Fierros). Que a maxia das artes e da poesía nos mostren o camiño para lograrmos a paz. Ese é o desexo da Agrupación Cultural Francisco Lanza para este 2026”.
“Agora que imos ir preparando as compras de Nadal, podemos visitar o noso comercio local, onde mellor presta mercar, e de paso podemos recoller un...
leer más




