Redeiras

17/06/2026

Este mércores, 17 de xuño, inaugurouse no Museo do Mar, de San Cibrao (Cervo), a instalación téxtil titulada Nó que non esquece, unha obra creada man a man entre Irene Trapote e as redeiras que gardan a técnica
e a memoria deste oficio na Mariña.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “a peza, creada dentro do proxecto Facer territorio atando cabos, comisariado por Sergio Marey, como símbolo de recoñecemento aos oficios do mar e reparación fronte á invisibilizacion histórica que relegou as mulleres a un segundo plano dentro do relato da cultura mariña”.

O deputado provincial de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, acompañou a artistas e redeiras na inauguración da obra, confeccionada con corda de cáñamo, impresión de fotografía de arquivo sobre loneta de algodón e fío de lá galega. Sinalou que “o Museo do Mar...

leer más
24/03/2026

A creación contemporánea e o coñecemento artesanal das redeiras de Burela conxúganse no proxecto artístico titulado Facer territorio atando cabos,  de Irene Trapote e Sergio Marey, impulsado pola Rede Museística Provincial. A deputada provincial de Cultura, Iria Castro; o tenente alcalde de Burela, Marío Pillado; e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Sandra Fernández Cillero; acompañados pola xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago; visitaron a nave de redes do porto de Burela, onde artistas e redeiras comparten xornadas de traballo co obxectivo de crear unha obra artística. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explica que “o proxecto concibe o proceso creativo como un acto de escoita e produción conxunta no que a artista e as redeiras traballan en horizontalidade, e que contará con diferentes fases. A primeira, que se desenvolve...

leer más