De Cabo a Cabo
A Deputación de Lugo apoiará o vindeiro 15 de xuño en Burela o Festival De Cabo a Cabo, “unha proposta cultural e comunitaria que nace arredor dun acontecemento histórico para a localidade e para toda a Mariña: o partido de fútbol entre España e Cabo Verde do Mundial 2026. A iniciativa, impulsada polo colectivo Fanto Fantini, converterá diferentes espazos públicos da vila nun gran punto de encontro entre culturas a través da música, da arte, da gastronomía e da convivencia”.
A Presidenta da Deputación, Carmela López Moreno, destaca que “Burela representa unha das mellores versións da provincia de Lugo: unha terra aberta, integradora e orgullosa da diversidade que a fai medrar”. López pon en valor “a capacidade desta vila para construír comunidade desde o respecto e desde a convivencia, onde o 10% da poboación ten orixes caboverdianas” e...
leer más



