Cine Curto

Etiquetas:
05/08/2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que apoia a quinta edición do Festival de Cine Curto de Ribadeo, que foi presentado este mércores no cine ribadense e celebrarase desde este xoves, 6 de agosto, ata o sábado 8.

“O certame, organizado pola asociación Areas Movedizas, reúne na sección competitiva oito curtametraxes de Galiza e Asturias, que se proxectarán  o venres 7 de agosto ás 20.00 horas no cine de Ribadeo. Trátase de producións de diferentes temáticas e estilos, cun percorrido destacado noutros festivais estatais, que competirán polo Premio do Xurado Profesional e polo Premio do Público”, explica a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, amosou o seu apoio ás organizadoras do certame, valorando que “se consoliden iniciativas que inciden na distribución...

leer más
Etiquetas:
04/08/2026

A quinta edición do Festival de Cine Curto de Ribadeo desenvolverase desde este xoves, día 6 de agosto, ata o sábado 8.

As actividades comezarán o xoves no Parque San Francisco, onde ás 20:00 horas serán proxectadas as catro curtas gañadoras das anteriores edicións deste festival. E ás 21:30 horas haberá un concerto de O Xoán, que é o cantante e actor Xoán Fórneas.

O venres ás 20:00 horas en Cine Ribadeo terá lugar a proxección das curtametraxes seleccionadas para participar nesta edición do festival.

E o sábado, tamén ás 20:00 horas, pero nesta ocasión no Teatro de Ribadeo será a gala final na que se coñecerá a curta gañadora. Será presentada polo xornalista televisivo ribadense Fabián Pérez, participará o padriño do festival, Xoán Fórneas, e actuará a Coral Polifónica de Ribadeo, que...

leer más