Pepe Peinó
Pepe Vázquez Peinó anuncia: “convidado pola Asociación As San Lucas e polo Concello de Mondoñedo, levarei o libro Espiritualidad até o Pazo de San Tomé, na cidade episcopal, para presentalo diante das persoas interesadas. É para min un honor e sinto unha gran satisfacción por poder expoñer o traballo de varios anos, no que colaboraron outros sete amigos de distintas perspectivas relixiosas. Trátase de falar do mundo interior do ser humano, da súa faceta inmaterial, e das crenzas profundas que tenden a aniñar en nós. Será o domingo 25 de outubro ás 18,00 horas”.
O coordinador da publicación engade: “contaremos tamén coa inestimable compañía de Álex Barreira, un bo amigo, bo comunicador e posuidor dun gran talento musical, que nos amenizará a charla con tres cancións axeitadas para o tema e o momento. Gustaríame contar coa vosa...
leer másEste venres, día 14 de agosto, ás 20:00 horas, terá lugar en Ferreira do Valadouro a presentación do libro titulado Espiritualidad.
Estará presente no acto o autor coordinador da obra, Pepe Peinó, que explica que esta publicación é “unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferentes orientacións relixiosas”
A presentación será no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro.




