Plans con corazón
A Mariña prepárase para acoller a sétima edición do programa de actividades Plans con corazón, unha iniciativa para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Trátase de 16 plans que se desenvolverán do 26 de setembro ao 14 de novembro nos concellos mariñáns da man de guías locais, expertos coñecedores do territorio, que liderarán unha variada proposta de rutas e visitas guiadas.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña promove este programa de actividades no marco dos convenios de colaboración anuais coa Axencia de Turismo de Galicia e coa Deputación de Lugo, co obxectivo de ofrecer actividades de lecer singulares que poñan en valor o territorio, permitan á poboación coñecer e gozar do territorio e contribúan á desestacionalización do turismo neste destino...
leer más



