Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Azúmara. Será o 23 de outubro. O prazo para anotarse está aberto.

Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Azúmara. Será o 23 de outubro. O prazo para anotarse está aberto.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza a ruta do mes de outubro polo Azúmara o domingo 23.
 
Un percorrido de 9 quilómetros e dificultade baixa que dará comezo no Castro de Viladonga onde os participantes antes de comezar a camiñar poderán gozar dun dos tesouros arqueolóxicos da provincia, o conxunto formado polo xacemento do Castro e o Museo. Unha vez rematada a visita disporanse a facer a ruta que irá dende o castro ata Castro de Rei, onde xantarán nun restaurante da localidade.
 
A saída para esta andaina o 23 de outubro será desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá ás 9:30 horas. O prezo é de 20 euros para socios e de 25 euros para non socios, inclúe o transporte en autobús e a comida. O prazo para anotarse remata o xoves 20 de outubro, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 636 67 95 12 (Pepe) ou 630 08 57 24 (Milio).