Todo está listo en Burela para a celebración o 25 de novembro do "Concerto da Fraternidade", que reunirá arredor de 150 músicos de Viveiro, Xove, Mondoñedo, Burela e Lugo.

Todo está listo en Burela para a celebración o 25 de novembro do "Concerto da Fraternidade", que reunirá arredor de 150 músicos de Viveiro, Xove, Mondoñedo, Burela e Lugo.
 
Este venres, 25 de novembro, ás 20.30 horas terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela a última representación do Concerto da Fraternidade.
 
Xan Carballal explica que “froito da colaboración entre o Conservatorio de Viveiro e as Escolas Municipais de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, estes concertos comezaron a súa andaina na primavera deste ano nas localidades de Mondoñedo e Xove con gran éxito de público. A temática versa sobre todo na resposta do home ante os retos históricos e que seguen estando de actualidade como son: guerra, pobreza, solidarizade, ecoloxía, éxodo, esperanza, fe, diversidade”. 
 
O director deste concerto e da Escola de Música de Burela sinala que “froito da boa relación que, dende fai anos existe entre o profesorado das institucións educativo - musicais existentes na Mariña, é polo que nace a idea de levar a cabo actividades conxuntas que poñan en valor o esforzo que veñen a realizar tanto administracións locais, conservatorio, escolas … mediante os equipos docentes e alumnado que día a día fan posible que exista unha educación de calidade no noso país”. 
 
Carballal engade que “as direccións destes centros consideran de vital importancia a realización destas actividades por diversos motivos: 
• Dar a coñecer o traballo que se está a levar dentro dos centros educativos, dado que devolver, por medio da cultura, o esforzo que supón para a sociedade o patrocinio desta educación. 
• O proxecto vogal orquestral que presentamos busca ser un complemento na formación musical e persoal de cada alumno, desenvolvendo as súas habilidades sociais, cognitivas e emocionais a través da música dun xeito lúdico e divertido. 
• Os alumnos de cada centro coñecen e relaciónanse con outros alumnos da comarca e aprenden a traballar en grupo, exercitando a responsabilidade da preparación individual, a súa disciplina, comprensión musical, audición harmónica e afinación do propio instrumento, empatía, solidariedade e cooperación cos compañeiros como tamén o sacrificio por un traballo ben realizado e a súa recompensa final.
• E para rematar, pero sen restarlle importancia, a propia temática deste proxecto consistente en por de manifesto a importancia que, para ben ou para mal, ten cada un dos capítulos que aquí se abordan e con humildade aportar o noso grao de area”.
 
O repertorio deste Concerto da Fraternidade comprende obras tanto clásicas como de carácter popular. Participación destacada é a de os colectivos Batuko Tabanka e Batuko Rabentola, tendo como novidade, para este último concerto a participación de alumnos do Conservatorio de Fingoi de Lugo.