Todo está listo en Ribadeo para a celebración da tradicional Xira a Santa Cruz. Os festexos teñen lugar os días 1 e 2 de agosto.

Todo está listo en Ribadeo para a celebración da tradicional Xira a Santa Cruz. Os festexos teñen lugar os días 1 e 2 de agosto.
 
Un ano máis, a Homenaxe ao Gaiteiro que se celebra con ocasión da Romaría de Santa Cruz, en Ribadeo, deixará unha boa nómina de actuacións folclóricas e baile tradicional. Os festexos terán lugar o 1 e o 2 de agosto.
O sábado 1 comeza a romaría sobre as 19.30 horas cun pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita e media hora despois María del Carmen Maseda Legaspi pronunciará o pregón no Cine Teatro, seguido da actuación das Escolas. Ás 23 horas, no Parque de San Francisco, actuará o grupo Vaamonde, Lamas y Romero, coa colaboración da Banda Municipal de Música de Ribadeo.
Ao día seguinte, 2 de agosto, a xornada comeza ás 11 da mañá con pasarrúas de Cuarteto Tradicional Xaramolos, Os Campantes da Baña, Airiños da Freba e o Arco da Vella. Ás 12 horas será o turno das Escolas da Asociación Amigos da Gaita no Cantón dos Moreno, coa posterior subida ao monte de Santa Cruz e xantar tradicional acompañado de música e baile.  Ás 19 horas realizarase a ofrenda floral no monumento ao Gaiteiro e ás 20 horas cérrase a festa co concerto de Tumba e Dalle.