Venda anticipada de entradas para a tarde laranxa deste sábado, 5 de decembro, en Burela con FC Barcelona e Gironella.

Venda anticipada de entradas para a tarde laranxa deste sábado, 5 de decembro, en Burela con FC Barcelona e Gironella.
 
A conta atrás para a Tarde Laranxa con dobre duelo burelista-catalán xa comezou. Desde hoxe todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo que vivirá Vista Alegre este sábado, 5 de decembro, coa visita do FC Barcelona Lassa ás 16.15 horas (emitido en directo por TVG2) en Primeira LNFS e co FS Gironella (19.15 horas), no regreso de Primeira LNFS tras o Campionato Mundial de Guatemala. 
 
A venda anticipada estará aberta ata o venres, día 4, ás 14.00 horas, na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00). 
 
PREZOS PARA SOCIOS 
 
Adult@: 5 euros 
 
Menor de 18 anos: 1 euro 
 
PREZOS PARA NON SOCIOS 
 
Adult@: 15 euros 
 
Menor de 18 anos: 5 euros 
 
Sorte laranxa, 48294. Para tod@s os que así o desexen, na sede laranxa está dispoñible o número da sorte laranxa; tamén poden atopalo no Traste, Parrillada de Jandro, Restos de Stock, Galatea, Palacio de Cristal, Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila e, este sábado, no pavillón Vista Alegre.