Xoán Curiel actuará o 17 de xullo en Barreiros, dentro do programa FalaRedes. Trátase dun espectáculo para toda a familia.

Xoán Curiel actuará o 17 de xullo en Barreiros, dentro do programa FalaRedes. Trátase dun espectáculo para toda a familia.
 
Os nenos e as nenas de Barreiros poderán gozar o próximo 17 de xullo xunto aos seus pais dun concerto de Xoán Curiel e a banda Son+d2 no que se mesturarán estilos coma blues, funk, rock ou bossa nova. O espectáculo que FalaRedes, o programa de dinamización lingüística que a Xunta de Galicia pon en marcha por cuarto ano nos concellos de Galicia, preséntase baixo o título Estamos no verán!!! e terá lugar ás 20 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme.
O concerto está dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos e, ademáis da variedade musical proposta conta con divertidas coreografías a cargo da bailarina Marta Alonso, unha combinación coa que se espera facer bailar a cativos e pais.  
 
O programa FalaRedes pretende potenciar o uso do galego entre os máis novos, aumentar a súa valoración positiva e ofrecer alternativas de ocio en galego para as familias. Actualmente son 18 entidades da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta as que participan nesta experiencia ao longo de toda Galicia.