Xove renderalle unha homenaxe a Manuel María o 17 de maio. Os actos están organizados pola Aciam e contan coa colaboración do Concello.

Xove renderalle unha homenaxe a Manuel María o 17 de maio. Os actos están organizados pola Aciam e contan coa colaboración do Concello.
 
Aciam Xove celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Manuel María. A Asociación Empresarial vai facer este ano o seu particular homenaxe a Manuel María. 
 
O día 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Salón de Actos do Concello de Xove, a partir das 20:00 horas farase un percorrido pola biografía do autor, cunha teatralización da persoa no mesmo, e dedicando momentos a lectura de poemas e sonetos do autor, con música en directo. 
 
Serán os asociados e veciños de Xove os encargados de escenificar e facer a homenaxe. Colabora na organización destes actos o Concello de Xove .
 
Ademais da homenaxe a Manuel María, o Concello de Xove entregará os premios do concurso que organiza polo día das Letras Galegas.