Arte

Etiquetas:
12/04/2016
Do 18 ao 21 de abril celébranse en Foz as xornadas de debate "Sentirmos a arte", que organiza A Pomba do Arco.
 
O luns, 18 de abril, comezan as xornadas de debate Sentirmos a Arte, que terán lugar no salón de actos do Cenima de Foz ás 20:30 horas organizadas por A Pomba do Arco.
 
A primeira conferencia titulada Creamos para crecer e correrá a cargo de Alberto Pena Rei. O martes día 19 os poñentes Montse Rego e Ruht Chao falarán de O Novo Audiovisual. O mércores día 20 Miguel Anxo Rodríguez abordará  A arte que ven. As xornadas rematarán o xoves día 21 con O debuxo humorístico que tratará Luís Davila O Bichero.
 
Etiquetas:
26/03/2016
Esta Semana Santa Terra Branca abrió sus puertas en Mallorca. En la sala podemos encontrar obras del ceramista vivariense Otero Regal, de la artista asturiana Marga Robledo, y de la propietaria de la galería, Mariángel Leal.
 
El pasado miércoles, 23 de marzo, tuvo lugar en Colonia de Sant Jordi, en Mallorca, la inauguración de la nueva tienda de Terra Branca.
 
La galería cuenta, al igual que la sala de Ribadeo, con la obra del ceramista vivariense Alfonso Otero Regal y los cuadros de Mariángel Leal. También hay un apartado dedicado a los complementos de esmalte de la artista asturiana Marga Robledo.
Según explica la artista Mariángel Leal “el objetivo de Terra Branca es acercar el arte contemporáneo a todos lo que quieran disfrutar de él”. La propuesta mallorquina sigue la misma política que la sala ribadense: un espacio para deleitarse, en el que además no es difícil hacerse con una pieza de arte. 
... leer más
Etiquetas:
15/04/2015
A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha serie de actividades entre os días 20 e 23 de abril ás oito e media da tarde no Cenima.
 
Coincidindo coa exposición Artes Plásticas da Mariña, na que se recolle una boa chea de artistas mariñáns, e que se pode visitar no Cenima de Foz a asociación cultural A Pomba do Arco de Foz vai organizar una serie de mesas debate nas que se abordará, como tema principal, o estado actual da arte. Todas estas mesas debate terán lugar no Cenima de Foz entre os días 20 e 23 ás 20.30 horas.
 
Primeira charla: Arquitectura de nós.
O luns comezará esta actividade coa intervención de  Xosé Manuel Casabella. O arquitecto de fama mundial e cunha extensa obra en Galicia vai abordar o tema do estado actual da arquitectura galega. Despois da charla...
leer más
Etiquetas:
29/01/2015
Dende o 30 de xaneiro poderase visitar na Casa de Cultura de Burela a mostra de pintura acrílica Unha ollada.

 

A sala de arte da Casa de Cultura acollerá a partir do vindeiro venres, 30 de xaneiro, a exposición de pintura Unha ollada. Nela, os artistas Laura P. Rodil, Mar G. Pires e Ángel Picos mostran os seus traballos máis representativos na modalidade de acrílicos. A mostra está coordinada pola Concellería de Cultura e será inaugurada este venres ás 20:00 horas. Na mostra participan dous artistas da Mariña e un da Coruña.

Laura P. Rodil é natural de Burela e unha das xoves pintoras dedicadas á técnica do acrílico en Galicia. A través das súas obras intenta mostrar ao mundo as pequenas paisaxes que previamente acostuma a captar co obxectivo da súa cámara fotográfica. Mar G. Pires procede de Ribadeo e é unha pintora costumista que utiliza a pintura como medio para manifestar as súas...

leer más
Etiquetas:
16/01/2015
O museo etnográfico da Fonsagrada manterá aberta ata finais de xaneiro a exposición Represaliados, pertencente ao artista barreirense Celso Dourado.

 

O Museo Etnográfico da Fonsagrada decidiu manter aberta ao público ata finais de xaneiro a exposición Represaliados, pertencente ao artista barreirense Celso Dourado. Fíxoo despois de valorar positivamente a ampla acollida de público que a mostra obtivo dende que foi inaugurada, a comezos do pasado mes de novembro. A exposición consta de dez cadros que repasan a historia do Comandante Moreno, que xunto a outros doce homes formaron parte do Batallón Galicia e foron asasinados e enterrados no ano 1937nunha fosa común no Alto do Acevo (A Fonsagrada). Os seus corpos foron exhumados finalmente no ano 2007, un acto que serviu de inspiración a Celso Dourado para comezar a traballar na obra que permanece exposta agora na terceira planta deste Museo Comarcal, en horario de 12:00 a 14:00 horas de martes a venres e de 17:00 a 19:00 horas as fins de semana.

Celso Dourado...

leer más
Etiquetas:
07/01/2015
Burela acolle ata o 16 de xaneiro a exposición de bixutería Universo Viary. Estará aberta na Casa da Cultura en horario de 09:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

 

A Concellería de Cultura de Burela presenta estes días na vila a que será a súa primeira exposición para este novo ano 2015. A mostra leva o título de Universo Viary e corre a cargo da artista Silvia Viary, unha moza burelesa especializada na creación de obxectos de bixutería artesanal. A exposición inaugurouse o pasado venres, 2 de xaneiro, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela, e permanecerá aberta ata o 16 de xaneiro en horario de 09.00 a 13.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes. A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre,  animou aos veciños "a achegarse a visitar esta interesante exposición".

 

10/11/2014
CELSO DOURADO INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA A SÚA EXPOSICIÓN REPRESALIADOS NO MUSEO ETNOGRÁFICO DA FONSAGRADA.

 

O artista barreirense Celso Dourado, inaugurou o pasado sábado, 8 de novembro, a súa exposición Represaliados no Museo Etnográfico da Fonsagrada. A mostra consta de dez cadros que repasan a historia do Comandante Moreno e os doce homes que formaron parte do Batallón Galicia, que foron asasinados e enterrados no ano 1937, nunha fosa común do Acevo. Os seus corpos foron exhumados finalmente no ano 2007, un acto que serviu de inspiración a Celso Dourado para comezar a traballar na obra que agora presenta e que estará previsiblemente exposta no Museo Comarcal ata finais de ano.

 

...

leer más