Cancro

Etiquetas:
10/10/2016
O Concello de Cervo organiza unha andaina para conmemorar o día internacional contra o cancro de mama. Será o 23 de outubro polo paseo azul do Torno, en San Ciprián.
 
O Concello de Cervo, a través das Delegacións de Sanidade e de Igualdade, organiza unha andaina que terá lugar o 23 de outubro a partir das 17 horas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama.
 
A concelleira de Sanidade, Manuela Méndez, anunciou hoxe que “o Concello de Cervo, con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama, vai organizar unha andaina polo paseo azul do Torno, en San Ciprián. Partiremos do peirao no porto de arriba todo polo paseo ata as antigas fábricas de salgadura e logo ata a ponte medieval. Viremos despois ata a Casa do Mar, onde tomaremos un café. O Concello dará neste día a cada unha das persoas que participe na camiñada unha camiseta rosa cos slogans propios da conmemoración do día”.
 
...
leer más
Etiquetas:
20/05/2016
Este sábado, 21 de maio, o Auditorio Municipal de Ribadeo acollerá o Festival a favor da Loita contra o Cancro.
 
Este sábado, 21 de maio, o Auditorio Municipal de Ribadeo acolle a celebración dun festival a favor da loita contra o cancro.
 
Ás 20:00 horas dará comezo este festival que contará coas actuacións de A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Grupo da Danza Contemporánea de Adultos de Ribadeo, Víctor Villar, o Grupo de Teatro de Ribadeo e o Coro do Colexio Sagrado Corazón.
 
O prezo da entrada será de 4 euros para esta gala organizada pola AECC e na que colabora o Concello de Ribadeo.
 
Etiquetas:
25/02/2015
O 6 de marzo terá lugar a charla-presentación do libro "Comer para vencer el cáncer". Será no Cine Teatro de Ribadeo. O acto está organizado pola Concellaría de Igualdade.
 
A Concellaría de Igualdade e o CIM organizan, dentro da programación conmemorativa do 8 de marzo, unha charla presentación do libro Comer para vencer el cáncer. Será impartida pola doutora Paula J. Fonseca no Cine Teatro o 6 de marzo ás 20:30 horas.  
A edil Mariluz Álvarez Lastra subliña que “esta charla vai dirixida á poboación en xeral e de maneira especial ás mulleres de Ribadeo e a súa comarca. Na mesma, a prestixiosa oncóloga compartirá consellos para alimentarse axeitadamente. Tamén falará sobre as plantas medicinais e as súas propiedades buscando evitar a enfermidade a través da comida sa”.