Castrodouro

Etiquetas:
08/08/2024

A parroquia de Castro de Ouro, no concello de Alfoz, celebra a festa na honra a San Salvador este domingo, 11 de agosto. Este festexo recupérao a asociación veciñal Castrodouro, que anuncia: “esta fin de semana hai unha nova cita cunha das festas máis queridas do noso pobo: o San Salvador. Igual é porque deixou de celebrarse durante moito tempo e cando se fixo foi de forma intermitente. Tamén porque moita xente ten conexión co Castro e fai o posible por regresar nestas datas. E é que cando temos San Salvador todo o mundo é un chisco da nosa parroquia”.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú, a cargo do dúo Belinda. Ás 15:00 horas empezará unha comida campestre e a partir das 18:00 horas haberá sesión de tarde amenizada polo dúo Belinda.