Charlas
O Concello de Foz organiza unha nova edición do ciclo de charlas médicas, que dará comezo este xoves, día 9. Estas conferencias, que foron presentadas hoxe polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira; a xerente executiva do Hospital da Costa, María José Cortés Canay; e a subdirectora médica do centro, Eva López Roca, continuarán os días 16 e 23 deste mes e terán lugar na Casa da Cultura, ás 20:00 horas. Os temas que se abordarán este ano serán o cancro de mama, o cancro de colon e o ictus.
O rexedor focego anunciou: “vimos de presentar unha edición máis das charlas médicas do Concello de Foz. Son xa máis de quince anos cun clásico no mes de novembro. Empezaremos este xoves, día 9, e son tres charlas que coinciden todos os xoves ata o día 23, na Casa da Cultura, con diferente temática. Neste caso apostamos o primeiro día polo cancro de...
leer más











