Concertos

Etiquetas:
08/08/2018

A Banda Municipal de Música de Ribadeo terá tres actuacións a vindeira semana e a primeira delas será o día 16, xoves, cando ofrecerá o tradicional concerto de San Roque ás 13:30 horas a carón da capela do copatrono da vila ribadense. O día 17 a Banda de Ribadeo actuará na localidade asturiana de Luarca e o sábado 18 terá lugar en Cabanela o tradicional concerto churrascada, ás 21:00 horas.

O director da Banda, David Ballester, anunciou hoxe que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue cos seus concertos de verán. Esta semana que vén será axetreada xa que o día 16 de agosto, como é tradicional, a Banda Municipal celebrará San Roque cun concerto á unha e media do mediodía xusto a carón da capela de San Roque, no que interpretaremos un repertorio variado”.

David Ballester engade que “o día 17 de agosto, debido...

leer más
12/07/2018

O Presidente, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, visitaron este xoves as instalacións nas que se está a desenvolver o XII Resurrection Fest, o festival de música metal e rockmáis importante de España e un dos máis relevantes de Europea, recoñecido e premiado como tal con diferentes galardóns. Fixérono acompañados de Iván e David Méndez Rodríguez, Director e Subdirector do festival, así como promotores e organizadores cos que dende sempre colaboraron Deputación e Concello de Viveiro, sendo as administracións galegas que máis o fan. 

Campos Conde avanzou que “este é un dos eventos turísticos máis importantes para a provincia. O primeiro, de seguro, para a nosa Mariña. Deputación e Concello de Viveiro apostamos por este festival dende o primeiro momento, da man de Melchor Roel, non coma outros que se apuntan...

leer más