Cultura
O Concello de Foz presenta a programación de primavera Sementando cultura, que inclúe doce actividades para os meses de abril e maio.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o Concello de Foz enche os días de primavera de actividades culturais para adultos o nenos. As actividades programadas nestes meses de marzo, abril e maio aglutinan dende música a documentais pasando por representacións teatrais ao máis alto nivel. Queremos seguir apostando pola Cultura. Aínda, se cabe, con máis ímpeto en momentos tan complicados coma os actuais. O sector cultural é un dos máis afectados pola pandemia. E, a pesares de non ter un auditorio, Foz segue apostando polas mellores postas en escena para desfrute dos nosos veciños”.
López Couto engade que “durante esta semana, como xa se anunciou, quíxose celebrar o...
leer másDesde hoxe e ata o 26 de marzo está aberto o prazo de inscrición nas xornadas deportivas de Cultura Urbana que organiza a Concellaría de Mocidade durante a Semana Santa. Están dirixidas a rapazas e rapaces a partir de 8 anos.
A edil Mariluz Álvarez Lastra explicou que “debido ás circunstancias presentes, a covid-19 e ás medidas de prevención específicas adoptadas na comunidade autónoma de Galicia, estamos na obriga de limitar e adaptar as actividades dirixidas a poboación infantil-xuvenil primando a seguridade das persoas participantes e cumprindo as medidas especiais para actividades de Tempo Libre (Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da covid-19 na comunidade autónoma de Galicia)”.
As xornadas...
leer másO Concello de O Valadouro organiza o programa Cultura na Rúa, que se desenvolverá durante o mes de agosto na praza a partires das 21:00 horas.
A axenda dará comezo o sábado, 1 de agosto, coas actuacións de Charo Pita e a Familia Papaventos e Paco Cerdeiras Pakolas.
O día 8 haberá o espectáculo de maxia Nicomaxias e a proxección da película Shazam.
O sábado 22 ofrecerán un concerto Acordeonistas da Mariña e proxectarase a película Padre no hay más que uno.
Ademais haberá dúas sesións de autocine, que terán lugar no aparcadoiro municipal ás 22:30 horas, o día 15 coa proxección de Grease e o día 29 con O que arde.
Todas as actividades cumprirán coas medidas e recomendacións de seguridade e saúde establecidas por mor da pandemia Covid-19....
leer másA asociación Tá en Artes comunica aos centros educativos, artistas, Concellos de Cervo e Foz, medios de comunicación e aos veciños e veciñas da Mariña lucense que suspende a programación prevista para este ano, no que tiña previsto homenaxear a Quique Guerra.
O colectivo sinala que “dadas as circunstancias especiais que vivimos de incertidume, queremos trasladar toda a programación para o 2021, respectando as datas se a situación sanitaria así o permitise. Non está no ánimo da nosa asociación realizar as actividades de homenaxe á arte e aos e ás artistas, ademais de traballar en educación artística, sen o espazo temporal que todos e todas esperan desta organización. Facer as cousas en tempo e forma para acadar o máximo nivel posible é un obxectivo que perseguimos como colectivo”.
Tá en Artes agradece a todos e...
leer más







