Enduro
Este domingo, 28 de maio, Burela acollerá a celebración do 1º Enduro MTB Monte Castelo, proba puntuable para o Open Galego de Enduro. Máis de 130 participantes se darán cita en Burela desde mañá para participar xa nos adestramentos oficiais. O evento foi presentado esta mañá no Concello e no acto estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, así coma membros da organización, o Club Cerezo Bikes.
Jaime Seijas explicou que “a proba consiste basicamente nunha carreira que se fai de enduro, de bicicletas, na cal veñen facer unha competición por uns circuítos que hai no Monte Castelo, onde temos un total de catro. Os participantes teñen que subir ao Monte Castelo catro veces nuns tempos de enlace que hai, cuns tempos máximos, e as baixadas que son polos circuítos, son tramos cronometrados. O venres e o...
leer másCervo acollerá a VIII Ruta de Enduro Medela MTB o 5 de marzo. O percorrido será duns 35 quilómetros.
O Concello de Cervo, acolleu a presentación da VIII edición da Ruta de Enduro Medela MTB, que terá lugar o vindeiro domingo 5 de marzo.
No acto estiveron presentes o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela; o Presidente, David Riera, Abel Ordás e Víctor Riera; que sinalaron que “a proba comezará ás 9:30 horas, nas inmediacións da piscina de Lieiro, en San Cibrao, realizando, primeiramente, un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, a zona do Faro, Galdin e Gondrás”.
A continuación, os participantes porán rumbo ao Monte Medela. Riera sinalou que “levamos moitos meses traballando xa na posta a punto dos camiños, e preparando tramos especiais de enduro, para o día da competición”.
A proba, de dificultade media-alta, será...
O día 12 deste mes terá lugar en Xove I Ruta de Enduro “EnducrossXove”. As prazas son limitadas e o prezo da inscripción é de 30 euros. A saída será ás nove da mañá e os organizadores ofrecen máis información nos teléfonos 678 801479 (Oscar) e no 667 308479 (Jose). O Concello de Xove colabora na organización desta I Ruta de Enduro “EnducrossXove”.