Forum
APAGA organiza a sétima edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo entre os días 28 e 31 deste mes de agosto. O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, estivo acompañado na presentación celebrada na tarde de onte no hotel O Cabazo polo presidente da Deputación, Darío Campos, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, e o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente. Este ano celebraranse, por primeira vez, algunha das actividades do programa en Madrid e en Pamplona, posto que APAGA conta cada vez con máis socios fora de Galicia.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “o día 28 imos ter unha actividade, que é exclusivamente para técnicos de empresa, relacionada co...
leer másAPAGA, a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia con sede en Ribadeo, ultima o VII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará na localidade do 29 ao 31 de agosto. Como novidade esta edición inclúe a realización de actividades en Pamplona do 3 ao 5 de setembro, e en Madrid os días 6 e 7 tamén de setembro. En Ribadeo haberá ponencias e talleres sobre aerografía, soldadura, robótica e climatización, entre outros. A participación nas actividades de Pamplona e Madrid está pechada, e para Ribadeo ofértanse 60 prazas das que xa hai máis de 40 cubertas. O prazo de inscrición remata o 15 de agosto.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, dixo que “como todos os anos por estas datas, a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, APAGA, por en marcha o Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. As datas son...
leer másO vindeiro 16 de xuño rematarán as fins de semana tecnolóxicas, organizadas por Apaga, cun obradoiro sobre impresoras en 3D. Aínda quedan prazas dispoñibles. Logo estes cursos descansan e volverán despois da celebración do VII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que terá lugar do 29 ao 31 de agosto. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia traballa tamén no que será o seu proxecto estrela en 2019, a doazón ao coñecemento e está á espera de todas as accións europeas solicitadas como promotores ou como socios. Son un total de 8, que se desenvolverán na súa maioría ao longo dos vindeiros dous anos.
As instacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acolleron o pasado sábado, día 26, unha nova fin de semana tecnolóxica sobre avarías resoltas no taller. Foi impartido por Urbano Fernández Oliveros, que é un técnico de...
leer másHoxe, luns, da comezo en Ribadeo o VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos no que participarán arredor de 70 persoas ata o vindeiro 31 de agosto. O evento está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia e ten coma destinatarios a mestres da familia de transportes e mantemento de vehículos, a profesionais do sector do automóbil, a alumnos de Formación Profesional, a alumnado universitario e a afeccionados ao mundo do motor.
O VI Fórum terá unha duración de 21 horas. Haberá charlas pronunciadas por representantes de empresas como PSA, BMW, Bosch ou ZF, que é a primeira vez que vai participar neste evento. Os asistentes tamén participarán en charlas sobre climatización, soldadura, impresión en 3D, son e equipos didácticos.
As instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acollen o VI...
leer más