Normanda
A VIII Festa Normanda presentarase o 24 de xullo cun desfile e churrascada na praza Conde de Fontao.
A oitava edición da Festa Normanda de Foz presentarase o martes da vindeira semana, día 24 de xullo, con varios actos.
A presentación oficial e o desfile darán comezo ás 20:00 horas na praza Conde de Fontao e correrán a cargo de Rosana & Pili e O Nabiño. A continuación haberá unha churrascada no paseo da Ribeira coa actuación de Dambara e música ambiente con Dani Rego. O prezo da ración, composta de churrasco, chourizo, pan e viño, será de 7 euros.
Organiza a asociación Desembarco Normando de Foz coa colaboración do Concello de Foz, a Deputación de Lugo, o CCA de Foz, O Nabiño de Mondoñedo e Rosana & Pili.
A sétima edición da Festa Normanda de Foz presentarase este sábado, 5 de agosto, cun evento que se celebrará na zona portuaria focense.
Os actos comezarán ás oito da tarde coa presentación oficial da festa e desfile a cargo de Rosana&Pili na praza Conde de Fontao. A continuación na explanada do porto haberá churrascada con churrasco, pan, chourizos, viño e salsa normanda do IES de Foz. O prezo da ración é de 6 euros. Estará amenizada con música ambiente a cargo dun DJ.
A Festa Normanda de Foz incluirá na edición deste ano un concurso de grupos musicais indie, pop, rock ou folk. O certame, que se celebrará o día 1 de setembro a partir das 20:30 horas, foi presentado por membros da asociación Desembarco Normando xunto con Fabio, de Studios Empyreal, de Viveiro.
O prazo de inscrición comezou hoxe, sábado, e rematará o 1 de agosto. Despois deste período a organización escollerá entre todos os grupos inscritos a 8 participantes para actuar no concurso. O premio será a gravación dunha maqueta de 7 cancións.
Foz acollerá o día 1 de setembro, venres, a primeira edición da Reviravolta Normanda, unha carreira de cinco quilómetros con obstáculos. O evento foi presentado cun acto ao que asistiu o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
A carreira constará de dúas categorías, elite e afeccionado, e comezará ás oito da tarde na Praza Conde de Fontao. A entrega de dorsais será a partir das seis da tarde, os participantes na categoría elite sairán ás 20:30 horas e os de afeccionado ás 20:45. Haberá obsequio de camiseta e bolsa para os corredores.
Ademais do alcalde de Foz, á presentación asistiron membros da asociación Desembarco Normando, que é a organizadora do evento, e de Run Foz Run, colectivo que colabora con esta carreira.
A inscrición para participar poderá realizarse a través da páxina web...
leer más