O Picato

26/05/2024

A asociación cultura O Picato, de Trabada, organiza unha excursión á Ribeira Sacra para o día 7 de xuño, venres. Para participar hai que anotarse antes do 3 de xuño. O prezo para os socios do colectivo organizador é de 45 euros e as persoas que non o son deberán pagar 55 euros.

“Temos o pracer de anunciarvos a primeira excursión que realizaremos, nesta ocasión visitaremos a Ribeira Sacra. Sairemos da praza do Concello de Trabada en autobús ás 8 da mañá, faremos un percorrido completo en catamarán e tren, visitaremos unha bodega de viño e xantaremos nun restaurante da zona. A hora aproximada da volta será polas 9 da noite. Recordade que as prazas son limitadas”, explica a organización.

05/05/2024

Para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Luísa Villalta (escritora, filóloga e violinista nada na Coruña), a asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza un certame de carácter participativo e non competitivo polo que todas aquelas persoas que participen, que poden ser de calquera idade, levarán un agasallo.

Os traballos que se presenten deber ter como temática “As nosas letras” e poden ser en forma de debuxo, narración, poema ou fotografía. Só se poderá presentar un por persoa e o prazo rematará ás 13:00 horas do día 10 de maio. Hai que entregalos en sobre pechado no Spar Express de Trabada ou na Casa do Concello.

A entrega dos agasallos aos participantes será durante un acto que terá lugar na Casa da Cultura de Trabada o día 17 de maio ás 16:00 horas. Haberá un contantos musicado titulado “O misterio do tulipán”, a cargo de Yolanda Álvarez, e...

leer más