San Bartolo
22/08/2016
O 22 de agosto comezan as Festas do San Bartolo na zona veraniega de Barreiros. Para este día está prevista a celebración dunha sardiñada popular, a venda dos tickets é no bar Bañenato, restaurante Mobidick e cafetería Casa Cultura de San Cosme, e o prezo da ración de sardiñas, pan e viño é de 4 euros. Tamén haberá festa verbena cunha orquestra ou grupo musical.
O martes, día 23, ás 12:30 horas haberá pasarrúas cunha formación de gaitas e a partir das 14:00 horas sesión vermú co grupo Montreal. Pola noite verbena co grupo Montreal e a orquestra La Fórmula.
E o mércores 24, festivo local, ás 11:30 horas terá lugar a misa e despois pasarrúas a cargo de...
leer más 13/08/2016
O pregón co que comezarán os festexos será pronunciado por Marica Campo o día 18. O programa de actividades inclúe actividades para os máis pequenos, sardiñada popular, folclore, verbenas, sendeirismo, open de pádel e dúas exposicións, que se poderán visitar no Centro Cívico e na Oficina de Turismo.
O día 22 de agosto é festivo local en Xove.
O programa das Festas do San Bartolo e a Virxe do Carmen foi presentado nas últimas horas.




