Social

Etiquetas:
09/10/2024

O 12 de outubro celebrarase en Ribadeo a II Feira do Mercado Social. Será de 11 a 20 horas. Haberá actividades de lecer e animación e parladoiros divulgativos. 

A concelleira de Comercio, Marta Saiz, explicou que “o vindeiro sábado, 12 de outubro, no entorno do parque de San Francisco, terá lugar a II Feira do Mercado Social organizada polo Concello de Ribadeo, unha actividade que está cofinanciada pola Rede EuSumo impulsada pola Xunta de Galicia e á que o Concello de Ribadeo está adherida. Tamén se conta para o seu desenvolvemento coa colaboración de REAS Galicia (Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia)”.

A edil ribadense indicou que “o obxectivo deste mercado social é achegar ao público outro modelo de economía centrado nas persoas, isto é actividades económicas privadas que operan no mercado tendo...

leer más
Etiquetas:
02/06/2022

O parque de San Francisco acollerá a celebración da 1ª Feira do Mercado Social o vindeiro 18 de xuño. A cita foi presentada hoxe no Concello de Ribadeo. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, xunto a membros de entidades como Reas ou Lugar das Marías.

Vizoso Galdo contou que “hoxe presentamos a 1ª Feira do Mercado Social acompañados dalgunhas das entidades que formarán parte deste evento, que se celebrará no parque de San Francisco o sábado 18 de xuño. O obxectivo desta actividade é promover a rede local de comercio e consumo no concello de Ribadeo, achegando e fomentando este modelo económico e informando sobre el a toda a poboación”. 

O edil ribadense subliñou que “con esta feira o Concello de Ribadeo súmase ao compromiso de afianzar na economía...

leer más