Trátase dunha actividade guiada "De Cosme Barreiros a Salvador Lorenzana" na que se unen os concellos de Barreiros e Lourenzá. É unha ruta de 9 kms dende Vilamartín Grande ata Lourenzá polo Camiño Norte.
E haberá unha posterior visita guiada na Casa do Concello con Manuel Román Ramos e José Manuel García.
A ruta foi presentada polas alcaldesas, Rocío López e Ana Ermida, e por representantes da Mesa don Paco. Colabora a Deputación Provincial de Lugo.
Haberá servizo de autobús para as persoas inscritas desde Lourenzá (ida) e San Cosme de Barreiros (ida e volta)
Imprescindible inscrición previa ata o 4 de maio nos teléfonos: Barreiros (982.124.106) e Lourenzá (982.121.006 - 634.898.133).