
A asociación cultural O Atrio, da parroquia focega de Vilaronte, organiza o IV Mercado Aos Pés de Cornería. Será este domingo, día 4 de maio, a partir das 10:00h ata a tardiña no atrio da igrexa de Vilaronte.
O programa de actividades inclúe: unha charla titulada Experiencia en agricultura ecolóxica. Horta ecolóxica no Valadouro, a cargo de produtor Edmundo Maseda ás 11:00 horas; ás 12.00 horas a Charanga Bicoia actuará pola rúa do mercado; ás 14.00 horas haberá unha sesión vermú a cargo do grupo Pantera Rosa; ás 16.30 horas Manuel Contacontos ofrecerá O Grúfalo e a natureza; e ás 18:00 horas terá lugar un concerto de A Pedreira.
Durante toda a mañá haberá unha demostración de cestería a cargo de María Otero Folgueira e “para os máis peques contaremos con un posto de trenzas gratis”, anuncia a organización do evento.