
O Concello de Burela celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto da Escola Municipal de Música este venres, día 16 de maio, ás 17:00 horas no salón de actos da Escola Municipal de Música.
“Durante o acto recitaranse poemas e cancións do noso cancioneiro popular, interpretados por diversas agrupacións da Escola Municipal de Música”, anuncia o Concello de Burela, que ademais resalta “o gran traballo das cantareiras, que loitan a prol da nosa lingua, da nosa música e da nosa cultura”.