
O Concello de Alfoz organiza unha ruta de sendeirismo e anuncia: “comezamos coa primeira ruta do programa Polos Camiños do Mariscal e non podería ser máis espectacular: Pena Abaladoira - Fervenza do Escouridal. Un percorrido único entre lendas, natureza e paisaxes que quitan o alento”. Será este domingo, día 15 de xuño, con saída ás 9:00 horas (con autobús desde Alfoz). É un percorrido de 8 quilómetros con dificultade media.
Esta actividade é gratuíta con prazas limitadas. As reservas deben facerse a través do teléfono 654.99.68.57 (Ana).