O Vicedo celebra as festas do Carme do 21 ao 23 de xuño

O Vicedo celebrará as festas na honra a Nosa Señora do Carme os días 21, 22 e 23 de xuño.

As actividades comezarán este sábado, día 21, ás 12:00 horas, con misa solemne na igrexa parroquial. A continuación farase unha procesión coa imaxe da Virxe do Carme ata o campo da festa acompañada pola Banda Naval de Viveiro. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Galaxia, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:00 horas, xunto á orquestra Miramar.

O domingo 22 ás 12:00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa e a continuación farase a tradicional procesión marítima con ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos. Ás 14:00 horas empezará unha sesión Vermú a cargo da orquestra Fuego, que tamén amenizará a verbena, a partir das 21:30 horas, xunto ao dúo D’Caché.

E o luns 23 ás 20:00 horas farase o traslado da imaxe da Virxe ata a igrexa parroquial e un funeral polos mariñeiros, mariscadoras e defuntos da parroquia.