Mor, en Alfoz, celebra as festas de San Pedro os días 28 e 29 de xuño

A parroquia de Mor, no concello de Alfoz, celebrará as festas do seu patrón, San Pedro, os días 28 e 29 de xuño, sábado e domingo.

Están organizadas pola Asociación Veciñal de Mor, que anuncia: “como novidade o sábado teremos cea con paella xigante e carpa”. Será ás 21:30 horas e para participar hai que reservar antes deste xoves, 26 de xuño. Despois haberá verbena amenizada por Tania Veiras y los Cumbia Pop.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois sesión vermú co dúo Caché.