Sante, en Trabada, celebrará as festas do Corpus os días 28 e 29 de xuño

A parroquia de Sante, no concello de Trabada, celebrará as festas do Corpus Christi esta fin de semana, o sábado 28 e o domingo 29 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 21:00 horas cunha cea popular; e a partir das 23:00 horas haberá festa verbena amenizada pola orquestra Channel e Disco Móvil The Sound Project.

E o domingo ás 13:00 horas  celebrarase misa solemne cantada pola coral Puerto de Figueras, seguida de sesión vermú larga co grupo Lecer.