Os Espigueiros organiza unha charla en San Miguel de Reinante sobre a obra teatral “Os vellos non deben de namorarse” este domingo, 29 de xuño

O Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, organiza unha charla coloquio sobre a importancia da obra teatral Os vellos non deben de namorarse. Correrá a cargo do presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, e será este domingo, día 29 xuño, ás 18:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel, no concello de Barreiros.

Na charla tratarase sobre “a obra Os vellos non deben de namorarse, que significou e significa para cada un de nós”, explica Os Espigueiros.