
Alfoz retrocede no tempo para celebrar o XXV Mercado Medieval, que terá lugar os días 18 e 19 de xullo ao redor do Castelo de Castrodouro.
O venres 18 ás 21:00 horas chegará o Mariscal e descubrirá a Lousa da Lembranza para conmemorar as 25 edicións deste mercado.
O sábado 19 ás 11:00 horas comezará a visita guiada Dende a ponte ao Castrodouro da man da guía Ana Pena.
Durante a fin de semana haberá obradoiros, xogos tradicionais, exhibicións de cetrería, ceas medievais e espectáculos teatrais e musicais para todas as idades.
"Artesanía, tradición, historia e moita festa nun ambiente que nos transporta ao século XV", anuncia o Concello de Alfoz.