A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza as XXIII Xornadas de Historia Local en Ribadeo do 16 ao 18 de xullo

A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza as XXIII Xornadas de Historia Local en Ribadeo desde este mércores, 16 de xullo, ata o venres 18. O título é As mulleres fronte á historia e as actividades serán no salón de actos da Casa do Mar ás 20:30 horas os tres días.

O mércores 16 haberá unha charla coloquio sobre Os ámbitos da cultura e o mundo académico e científico, na que participarán Carmen Rodríguez Cancelo (directora da Coral Polifónica de Ribadeo) e Montserrat Iglesias (farmacéutica e autora de estudos sobre Manuela Barreiro Pico).

O xoves o historiador e investigador Xosé María Leal Bóveda falará sobre Historias de mulleres resilientes nos séculos XVIII e XIX.

E o título da conferencia do venres é A muller no agro galego: afouteza e perseverancia, que ofrecerá Alba Díaz Geada (doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela).