San Xusto (Barreiros) está de festas os días 6 e 7 de agosto

A parroquia de San Xusto, no concello de Barreiros, está de festas os días 6 e 7 de agosto, mércores e xoves.

Os festexos, na honra a San Xusto e San Pastor, comezarán o mércores ás 13:00 horas con misa solemne e despois procesión de 14 imaxes, acompañada polos gaiteiros de O Arco da Vella, de San Miguel, seguida de sesión vermú coa orquestra D´Noche, que tamén actuará na verbena xunto a orquestra Capitol.

E o xoves ás 13:00 horas celebrarase misa solemne con procesión de 14 imaxes, acompañada polos gaiteiros de O Arco da Vella, de San Miguel, seguida de sesión vermú co grupo Mar de Arousa, que tamén amenizará a verbena xunto ao Grupo Beatriz.

A organización destaca que o campo da festa estará cuberto con carpa e haberá amplos aparcamentos gratuítos.