Do 8 ao 10 de agosto terán lugar as festas patronais de Vilameá, na Pontenova

Do 8 ao 10 de agosto a parroquia de Vilameá (A Pontenova) converterase no epicentro da música, a gastronomía e a tradición coa celebración das súas Festas na honra da Virxe das Neves e San Roque. Tres días de programación para todos os públicos, organizados pola Comisión de Festas, que combinan actos relixiosos, comidas populares e grandes actuación musicais.

O arranque será este venres, 8 de agosto, coa gran churrascada, servida a partir das 22:00 horas. No menú non faltarán a empanada, o churrasco, o chourizo, a sobremesa, a bebida e o café, cun prezo de 20 euros para adultos e 12 euros para nenos/as de 3 a 12 anos. As entradas poden adquirirse en Orli Lavandera, Sidrería A Mina, Librería Eugenia e Panadería Millán, ou a través dos membros da comisión: Mónica (686 010 078), Diego (666 746 096), Pada (686 207 135) e Modesto (606 178 109) ata o 6 de agosto. Para continuar,a noite ofrecerá un auténtico espectáculo musical con D’Noche e DJ Bombardero, poñendo a primeira pedra dun ambiente festivo que durará toda a fin de semana.

O sábado, 9 de agosto, celebrarase a misa solemne e procesión na honra á Virxe das Neves ás 13:30 horas. Ao remate, o grupo JB Son porá música á sesión vermú. Xa pola noite, a gran verbena traerá de novo ao escenario ao Grupo JB Son, acompañado por DJ Bombardero, para garantir unha velada chea de baile e diversión.

O broche final chegará o domingo 10 de agosto, día de San Roque, cunha misa solemne e procesión ás 14:00 horas, seguida dunha animada sesión vermú a cargo do Dúo Zafiro, que despedirá así tres días de celebración.

A Comisión de Festas convida aos veciños, veciñas e visitantes a gozar destas datas tan especiais, que combinan o mellor da tradición local co espírito festivo de Vilameá.