Do 21 ao 23 de agosto terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, organizado por Acia Foz-CCA

Todo está lista para a nova edición do Comercio na Rúa, que terá lugar desde mañá, xoves, e ata o sábado. Esta clásica cita do verán focense está organizada por Acia Foz-CCA. 

Durante esas xornadas Fóra Stocks preto de corenta establecementos comerciais sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. 

Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan 37 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Arrullos, Ártico, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Pirde Moda, Sensación Surf, Surya, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet e Xoguetería Bahía. 

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anima “a aproveitar esta nova edición de Fóra Stocks para pasear polas nosas rúas e para mercar no comercio local, neses negocios que son os que fan pobo. Esta é unha boa ocasión para facerse con artigos de tempada e para a volta ao cole a prezos moi interesantes”. 

Acia Foz-CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.