
Dentro do ciclo Cine na Rúa proxectarase en Burela a película titulada Odio el verano. Será este venres, día 29 de agosto, ás 22:30 horas na Praza da Mariña.
“Pechamos o verán de Cine na Rúa coa última proxección: chega a Burela Odio el verano, unha comedia moi divertida que narra as peripecias de tres familias que coinciden nas súas vacacións, chea de enredos, malentendidos e moitas risas aseguradas. Vinde gozar dunha noite de cine ao aire libre, baixo as estrelas, con boa compañía e, como sempre, un ambiente acolledor”, anuncia o Concello de Burela.