
O programa da XXXVIII Feira do Mel do Valadouro inclúe actividades os días 10 e 11 de outubro, venres e sábado.
O venres ás 19:00 horas haberá o contacontos musical A abella sabelotodo, a cargo de 2Plicas na Casa da Cultura.
E o sábado ás 10:00 horas terá lugar a apertura da Feira do Mel na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira. Tamén se inaugurará unha exposición de colmeas cedidas pola Asociación Galega de Apicultura (Delegación de Mondoñedo) e decoradas polo alumnado dos CEIP Castro de Ouro e Santa María de Valadouro. Ás 11:00 haberá un obradoiro de velas e pulseiras a cargo de Devalo. Ás 12:00 horas a AC Amado Lar ofrecerá un pasacalles. Ás 13:00 terá lugar unha demostración e degustación de filloas con mel.
Ademais ao longo da mañá haberá degustación de café e de ecocócteles na foodtrack da Escola de Hostalería de Foz.
Ás 14:30 horas farase o primeiro sorteo dun lote de produtos da feira. Ás 16:30 haberá o contacontos A maleta da avoa a cargo de Raquel Queizás. Ás 18:00 horas actuará a charanga Bandiños Band e ás 18:30 terá lugar unha degustación de castañas asadas. E ás 19:00 horas farase o segundo sorteo dun lote de produtos da feira.