Barreiros acollerá tres cursos de informática do programa “E para dixitalizarse, Lugo”

O concello de Barreiros acollerá tres cursos do programa É para Dixitalizarse, Lugo, unha iniciativa da Deputación Provincial dirixida a achegar a aprendizaxe dixital á poboación do ámbito rural e favorecer o uso das novas tecnoloxías na vida diaria.

Os cursos, totalmente gratuítos, impartiranse na aula CeMIT de Barreiros os luns, martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas e serán os seguintes: Informática básica; do 27 de outubro a finais de decembro; Certificados dixitais, durante o mes de xaneiro; e Banca electrónica, ao longo do mes de febreiro.

As persoas interesadas poden informarse e reservar praza no teléfono 666.875.946 ou na propia aula CeMIT de Barreiros.

O Concello de Barreiros destaca que esta programación “supón unha oportunidade para seguir avanzando na inclusión tecnolóxica da veciñanza, ofrecendo recursos que faciliten o acceso e o uso das ferramentas dixitais de xeito seguro e útil para o día a día”.