O IES de Foz acolle unhas xornadas micolóxicas este mércores, 5 de novembro

O Instituto de Educación Secundaria (IES) de Foz acolle unhas xornadas micolóxicas este mércores, día 5 de novembro.

Ás 09:00 horas haberá unha charla sobre o mundo micolóxico a cargo de Nicolás Santos Aparicio, licenciado en Ciencias Xeolóxicas. E ás 14:30 horas terá lugar unha degustación de cogomelos.

O IES de Foz destaca que “estas xornadas son un referente no centro e participa toda a comunidade educativa, tanto nas charlas, saídas ao monte, exposicións, ...”.