O Concello de Alfoz organiza un ciclo de teatro para os sábados de novembro

O Concello de Alfoz organiza un ciclo de teatro afeccionado que inclúe representacións todos os sábados deste mes de novembro na Casa da Cultura.

Comezará este sábado, día 8 de novembro, ás  20:00 horas coa comedia titulada O Randiña vai ó médico, do grupo O Torques, de Burela.”Unha divertida historia chea de humor e enredos, perfecta para gozar en familia”, anuncia o Concello de Alfoz. Ten unha duración de 60 minutos e está destinada a todos os públicos. Con entrada libre ata completar aforo.

O sábado 15 representarase a obra Aire fresco, a cargo de Ardora (Cervo); o día 22 Metátese Teatro (Palas de Rei) ofrecerá O xuízo; e o 29 rematará o ciclo coa obra titulada Estes vellos saben moito… ou non, de Os Pícaros de Lagoa (Alfoz).